Home / Cultura / A Casa da Cultura de Neda acolle este venres o espectáculo do Mago Teto

A Casa da Cultura de Neda acolle este venres o espectáculo do Mago Teto

FERROL360 | Xoves 25 setembro 2014 | 19:02

Os amantes dos espectáculos de maxia teñen unha cita este venres na Casa da Cultura de Neda porque o Mago Teto poñerá en escena o seu último número, «Perto de ti». A cita é ás 20:30 horas e o prezo das entradas é dun euro para o público infantil e de dous euros para os adultos. Este espectáculo enmárcase no programa da Xunta de Galicia «Cultura no Camiño».

A programación cultural en Neda continuará o sábado 27 de setembro da man da poetisa Amelia de Querol Orozco, que presentará o seu último poemario En los arrabales del alma. Será a partires das 21:00 horas na Casa das Palmeiras con entrada libre. O acto contará tamén coa participación de Ti e Máis Eu Teatro, do poeta Francisco Vila e do editor José Luis Salamanca.

Servizos de podoloxía e fisioterapia

Por outra banda, o Concello de Neda informa que os prazos para solicitar os servizos municipais de podoloxía e fisioterapia pecháronse esta semana despois de que se cubrisen todas as datas ata o 30 de decembro. Así, haberá que esperar ata xaneiro para que se abra unha nova convocatoria.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies