Home / Cultura / A Casa da Cultura de Pontedeume acolle este venres Filosolfando, con Luís Iglesia e Xabier Deive

A Casa da Cultura de Pontedeume acolle este venres Filosolfando, con Luís Iglesia e Xabier Deive

FERROL360 | Jueves 13 agosto 2015 | 7:57

Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia presentan este venres Filosolfando na Casa da Cultura de Pontedeume, a nova produción de Boneca Lareta escrita e dirixida polo actor, autor e director teatral Avelino González e distribuída por Culturactiva.

A vila eumesa acolle esta preestrea o venres 14 ás 20:30 horas, unha semana antes da que será a estrea oficial o próximo venres 21 na Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee, Á Escena! Se en Sede de Mal, a súa primeira incursión neste estilo, os dous intérpretes reflexionaban sobre o lado escuro da vida, agora as cordas soan arredor do lado menos sensato desa mesma vida de claroscuros.

Os dous televisivos actores comezan nese punto a interpretar a partitura da obra, xuntándose de novo sobre o escenario grazas a Boneca Lareta. Coa anterior produción que protagonizaron conxuntamente, Sede de Mal, xiraron por toda Galicia durante o último ano, representando máis de 50 funcións ás que asistiron máis de dez mil espectadores.

Luís Iglesia é un dos actores máis coñecidos para o público galego, principalmente polo seu papel protagonista na serie Matalobos. Ás súas costas carga cunha longa traxectoria nas táboas da man de compañías como Teatro do Aquí, de Vidal Bolaño. O seu traballo como dobrador faino unha das voces máis recoñecibles no sector.

Pola súa banda, Xabier Deive conta tamén cunha ampla carreira e tamén co recoñecemento do público. Igual que Iglesia, tamén traballou en Matalobos e ao longo dos anos participou en series como A vida por diante ou en películas como O menor dos males.

Cartaz_filosolfando

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies