Home / Ferrol / A Casa Solidaria de Ferrol ofrece este xoves unha charla sobre as subvencións da Deputación para o 2014

A Casa Solidaria de Ferrol ofrece este xoves unha charla sobre as subvencións da Deputación para o 2014

FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 15:38

Informar dos programas de subvencións para o vindeiro ano e coñecer os prazos de solicitude e as bases das convocatorias do ente provincial. Ese é un dos obxectivos que leva á Deputación da Coruña a realizar este xoves unha sesión informativa en Ferrol.

Terá lugar na Casa Solidaria – entre a Avenida de Vigo e a rúa Velázquez- a partir das 20:00 horas.

Alí, aclararán as dúbidas para solicitar unha axuda provincial dentro dos catro programas existentes: Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Promoción Económica. Tamén se explicará o funcionamento do proceso telemático a través da web www.dicoruna.es

As charlas van dirixidas ao persoal dos concellos e a representantes de entidades sen ánimo de lucro da comarca. Deste xeito, poderán acudir os veciños de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes e San Sadurniño.

Para o vindeiro 27 de novembro, haberá outra conferencia semellante na sede da Fundación Ortegalia no Concello de Ortigueira o día 27 de novembro.

As convocatorias son abertas e non será necesario inscrición previa para participar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies