FERROL360 | Xoves 8 outubro 2015 | 16:27
Delegados de persoal da CIG nos supermercados Lidl de toda Galicia daranse cita este venres ás 11:30 no centro que a cadena de alimentación ten na Gándara para mostrar o seu desacordo coa decisión da empresa de negociar un convenio propio estatal. Segundo denuncia o sindicato, este convenio suporá para cada traballador unha perda dunha media de 3.000 euros anuais.
Nun comunicado de prensa, a central sindical asegura que Lidl «pretende deixar de aplicar o convenio colectivo vixente neste sector, que aplican cadeas galegas como Gadis ou Froiz, e poñer en marcha un convenio propio de ámbito estatal que empeora as condicións dos traballadores».
Ademais, advierten que o convenio recolle, entre outras medidas, unha conxelación salarial que conleva a perda de 3.000 euros anuais por traballador e facilita aínda máis á empresa a desregularización horaria e así poder dispor do tempo dos traballadores segundo o exixa a produtividade.
A CIG-Servizos lembra que a multinacional obtivo en 2014 uns beneficios de 27 millóns de euros, que debe «agradecer ás súas traballadoras e traballadores» que na maioría dos casos teñen contratos parciais.