Home / Ferrol / Ferrol / A CIG denuncia «colapso» en Urxencias do Marcide e o peche do segundo andar do Naval

A CIG denuncia «colapso» en Urxencias do Marcide e o peche do segundo andar do Naval

Hospital Arquitecto Marcide en el Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (foto: Mero Barral / Ferrol360)

Hospital Arquitecto Marcide no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (foto: Mero Barral / Ferrol360)

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 00:00

O sindicato CIG denunciou «colapsos» nos últimos días no servizo de Urxencias do Hospital Arquitecto Marcide e afirmou que atinxen «tanto a usuarios como acompañantes e persoal». Sinalou que houbo doentes «amoreados» nos corredores, «en padiolas os máis afortunados» e os restantes «en cadeiras dado que habitualmente se esgotan as padiolas».

«O propio persoal ten que cambiar aos que se atopan algo mellor dunha padiola a unha cadeira para así ter cadeiras libres», destacou a central. Ao mesmo tempo, considerou que coa «escusa» de que este pasado domingo tiveron lugar as oposicións para Enfermeiría pechouse o segundo andar do Hospital Naval, sen que a «día de hoxe» estea de novo operativo.

Nesta liña, valorou que o «persoal que prestaba servizos» nese andar remataba o seu vínculo este mesmo xoves. Polo tanto, estimou que sería «tan sinxelo como facer unha renovación». Finalmente, censurou que a dirección da área sanitaria «nega información» sobre o número concreto de persoas pendentes de ingreso e que conten con cama.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies