Home / Actualidad / A CIG rexeita en Ferrol unha reforma fiscal «a favor das persoas máis ricas»

A CIG rexeita en Ferrol unha reforma fiscal «a favor das persoas máis ricas»

MARTA CORRAL | Ferrol | Mércores 7 outubro 2014 | 11:04

Algo máis de medio centenar de persoas acudiron á mobilización que a CIG de Ferrolterra, ao mesmo tempo cas delegacións de toda Galicia, convocou fronte ao edificio de Facenda da cidade naval este martes.

O obxectivo da convocatoria é facer chegar aos cidadáns a «verdade» sobre a reforma fiscal que ten previsto aprobar o Goberno Central, unha reforma, segundo a CIG, «que lle da máis diñeiro ás persoas máis ricas». Para iso, ademais de seguir coas mobilizacións, dende a CIG reparten trípticos explicativos nos que denuncian os «prexuízos da reforma para a clase traballadora».

O voceiro comarcal da CIG, Manel Grandal, aseguraba que a nova reforma «vai agrandar as desigualdades sociais», poñendo como exemplo a redución de tramos prevista, da que, salientan «quen gañe 200.000 euros, cotizará o mesmo cos que gañen 60.000 euros».

Grandal tamén advertiu das consecuencias da diminución da recadación do Estado, que cifran nuns 9.000 millóns de euros menos: «Estamos nas portas de novos recortes e tamén dun incremento dos impostos indirectos, porque dalgún xeito teñen que recadar».

«Somos conscientes de que teñen á maioría absoluta, pero tamén somos conscientes que se a protesta social é suficiente os obrigará a modificala» apuntaba Grandal.

Para a CIG, a aplicación da reforma fiscal suporía unha redución do 12,5 % do ingresos polo IRPF. Unha cantidade, máis de 5.500 millóns de euros, un 63 %, correspondería á rebaixa de impostos aos máis ricos, o 8 % da poboación.

A delegación de Facenda foi o escenario elixido pola CIG para levar a cabo a mobilización (foto: M.C.)

A delegación de Facenda foi o escenario elixido pola CIG para levar a cabo a mobilización (foto: M.C.)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies