Home / Cultura / A compañía teatral Ghazafelhos achega este sábado a Neda unha obra que fará rir a tódolos públicos

A compañía teatral Ghazafelhos achega este sábado a Neda unha obra que fará rir a tódolos públicos

FERROL360 | Xoves 10 outubro 2013 | 16:55

O Concello de Neda acollerá esta fin de semana unha representación teatral destinada a facer rir ao público familiar. Trátase de Contos para escagarriñarse, unha comedia da compañía Ghazafelhos que narra tres historias de terror, misterio e loucura. Baséase nos contos que de xeración en xeración se veñen contando ao longo dos tempos para entreter aos máis pequenos. Os protagonistas desta peza son Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho.

A obra comezará ás 18:30 horas e o prezo das entradas é de 1 euro para o público infantil e 2 euros para os adultos. Pódense mercar dende este xoves na Casa da Cultura de Neda, lugar onde se levará a cabo a función o vindeiro sábado.

Fotograma de 'Contos para escagarriñarse' da compañía teatral Ghazafelhos (ghazafelhos.es)

Fotograma de ‘Contos para escagarriñarse’ da compañía teatral Ghazafelhos (ghazafelhos.es)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies