Home / Ferrol / Ares / A concellería de Deportes de Ares organiza unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

A concellería de Deportes de Ares organiza unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

FERROL360 | Domingo 28 septiembre 2014 | 20:25

O Concello de Ares, a través da área de Deportes, organiza unha ruta de sendeirismo que se desenvolverá na zona de Monfero das Fragas do Eume o vindeiro 18 de outubro. Os interesados en participar deben inscribirse na Alianza Aresana ata o mércores día 15 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Poden participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos e os menores desta idade que queiran inscribirse deben ir acompañados dun adulto responsable. A actividade é de balde, agás o xantar que será por conta dos participantes.

A actividade comezará ás 9:00 horas con saída en microbús dende a Alianza Aresana cara Mofero, lugar do que partirá a ruta. Ao mediodía haberá un xantar nunha das zonas recreativas, tras o cal se regresará a Ares con chegada arredor das 16:00 horas.

Dende a organización indican que se debe levar unha mochila pequena para o xantar e a bebida, así como roupa e clazado cómodos para camiñar. Recoméndase levar dous pares de calcetíns e de calzado, xa que algún tramo da ruta transcorrerá por zonas húmidas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies