Home / Actualidad / A Concellería de Obras de Fene elabora un mapa de necesidades coas asociacións veciñais

A Concellería de Obras de Fene elabora un mapa de necesidades coas asociacións veciñais

FERROL360 | Luns 15 febreiro 2016 | 18:30

O concelleiro de Obras e Servizos de Fene, Antón Noceda, está a levar a cabo unha rolda de visitas ás parroquias do municipio para elaborar un mapa das necesidades de cada zona co consenso das asociacións veciñais.

O edil percorreu xa as parroquias de Magalofes, Sillobre e Perlío, que visitou a pasada semana. Nos vindeiros días, Noceda completará a ruta coas visitas a Fene, Maniños, Barallobre, San Valentín e Limodre.

En xeral, as principais demandas dos veciños se refíren á mellora das infraestruturas viarias, xa que moitas pistas atópanse moi deterioradas. Unha situación da que Noceda culpa ao PP pola falta de mantemento durante o seu mandato.

Os veciños tamén reclaman a limpeza de cunetas, a implantación de redes de auga e saneamento e a mellora da iluminación pública.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies