Home / Actualidad / A Conferencia Política do PSOE aproba as emendas e propostas da militancia de Ferrol

A Conferencia Política do PSOE aproba as emendas e propostas da militancia de Ferrol

FERROL 360 | Luns 11 novembro 2013 | 18:56

A secretaria xeral dos socialistas de Ferrol, Beatriz Sestayo, e a secretaria de Organización, Rosa Méndez, destacaron a satisfacción da Agrupación Socialista de Ferrol pola incorporación das emendas e propostas socialistas áo texto que foi aprobado esta fin de semana na Conferencia Política. Ambas acadaron que se incorporasen á Ponencia debates no eido do Benestar, Dereitos Cívicos, Traballo e Modelo de Partido.

Beatriz Sestayo e Rosa Méndez foron as representantes da Executiva Local na Conferencia Política e lideraron a defensa das emendas socialistas de Ferrol, entre as que destacan a inclusión dun fondo de garantía de prestacións sociais, o reforzamento dos servizos sociais na configuración dunha lei básica específica, a incorporación das garantías da Dependencia dentro do sistema público de benestar ou o reforzamento do sistema de pensións e de políticas activas específicas de emprego.

Así mesmo, as emendas de Ferrol confluiron na defensa da laicidade, a denuncia do Concordato coa Santa Sede, as políticas de inmigración, a aprobación das chamadas “listas cremallera, a defensa das Primarias ou da elaboración dun Código Ético para as e os representantes socialistas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies