Home / Sociedad / Naturaleza / A Deputación aproba unha subvención de 185.000 euros para sanear a praia de Ber, en Pontedeume

A Deputación aproba unha subvención de 185.000 euros para sanear a praia de Ber, en Pontedeume

FERROL360 | Domingo 31 xullo 2016 | 13:52

A solución para erradicar os verquidos na praia de Ber, en Pontedeume, está cada vez máis preto. A Deputación Provincial de A Coruña vén de aprobar unha subvención nominativa de 185.000 euros, a metade do orzamento total da actuación, para facer fronte a esta problemática.

Esta subvención enmárcase nun estudo de Augas de Galicia para recuperar unha calidade óptima das augas e que cifra en 370.000 o proxecto. O alcalde de Pontedeume avanza que agora se negociará con Augas de Galicia a súa aportación para poñer fin aos verquidos na praia de Ber, que levan padecendo décadas os veciños e usuarios do areal.

Esta actuación completase coa xa anunciada en Pontedeume para mellorar o sanemaneto da ría que conta cunha aportación de 4.300.000 de euros e que está enmarcada nas axudas europeas dos FEDER.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies