Home / Cultura / A Deputación da Coruña adxudica o servizo de transporte de visitantes ao mosteiro de Caaveiro

A Deputación da Coruña adxudica o servizo de transporte de visitantes ao mosteiro de Caaveiro

FERROL360 | Venres 13 maio 2016 | 17:54

A Deputación da Coruña ven de adxudicar o servizo especial de transporte de visitantes en autobús ao mosteiro de Caaveiro durante a tempada estival. O obxectivo é facilitar a accesibilidade ao cenobio durante os meses de maior afluencia de visitantes.

Así, a Deputación habilitará de novo este verán un servizo regular de transporte entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, que unirá o centro de interpretación e o acceso ao mosteiro, con buses de ida e volta cada hora entre as 10:30 e as 20:00 horas.

En cada viaxe efectuaranse cinco paradas nos seguintes lugares: parque natural, merendeiro, primeira ponte, segunda ponte e acceso ao mosteiro. Durante os meses de xuño, xullo agosto e a primeira quincena de setembro do ano pasado, 22.042 persoas visitaron Caaveiro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies