FERROL360 | Domingo 10 xullo 2016 | 15:06
A Deputación da Coruña vén de adxudicar as súas becas deportivas 2016, destinadas a mozos da provincia que estén destacando en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional. A institución provincial destina un total de 75.000 euros para becar a 30 xóvenes con 2.500 euros cada un.
Os bolseiros, entre os que hai oito de Ferrolterra, Eume e Ortegal, divídense en dúas categorías segundo a súa idade: de 10 a 17 anos e de 17 e 23 anos de idade. Entre os bolseiros deste ano, todos eles cun brillante expediente deportivo durante o último ano, figuran algúns dos principais talentos deportivos da provincia.
Con estas becas a institución busca, ademáis de premiar a excelencia dos xóvenes deportistas, colaborar con eles para que poidan desenvolver todo o seu potencial e competir ao máis alto nivel. E é que pretenden ser un estímulo e unha axuda para que estes mozos e mozas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés.
Os bolseiros de 10 a 17 anos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal son:
Raúl López Iglesias, do Clube Remo Cedeira. López é campión de España Dobres Scull categoría alevín e campión autonómico Dobre Scull categoría alevín. Tomás Manso Fraga, do Clube Natación Marina de Ferrol, conta cunha medalla de ouro 200 bolboreta e recórd do campionato de España infantil e xuvenil 2015.
Tamén ten medalla de ouro nas categorías 100 bolboreta, 200 estilos, 200 bolboreta e 400 estilos en Campionato Galego infantil e xuvenil 2015; Conta con récord de mellores marcas galegas en infantil 16 anos piscina de 25 metros e forma parte do Equipo Nacional ESP-2020 da temporada 2015-2016.
Marcos Pernas Piñón, do Clube Remo Cedeira, é campión de España Dobre Scull categoría alevin e campión de España Dobre Scull categoría alevín. Pedro Osorio López, do Clube Atletismo Ría Ferrol Concepción Arenal, acadou a mellor marca española temporada 2014 – 2015 na proba de 1000 m. lisos na categoría de cadete.
É campión de España pista aire libre 1000 m. lisos na categora de cadete; campión galego km. en ruta na categoría cadete; campión galego pista 1000 m. l. na categoría cadete; campión galego pista 4×100 m.l. na categoría cadete.
Integrante das selección galegas cadete de cross e atletismo da temporada 2014-2015; mellor marca galega cadete temporada 2014-2015 nas probas de 1000 m. l., 600 m.l. e 1500 m. obstáculos e está incluido no plan nacional de Tecnicación Deportiva.
Os bolseiros de 18 a 23 anos de Ferrolterra, Eume e Ortegal son:
Daniel Castro Barcala, do Clube Silex de Tiro con Arco As Pontes, é campión de España aire libre junior Tiro con Arco; campión galego ao aire libre categoría absoluto; 2º Gran premio de España cidade de Madrid en categoría junior; 3º Gran premio de España cidade de Madrid en categoría absoluto; Primeiro equipo liga galega de equipos categoría absoluto e é deportista de alto nivel gallego 2014 e 2015.
Miguel Alvariño Garcia, do Clube Silex de Tiro con Arco As Pontes, é campión de Europa Baku 2015 European Games, categoría individual absoluta; campión internacional Mexico city 2015 Archery World Cup Final; campión galego de sala 2015 categoria indivicual absoluta do equipo nacional RFETA e é deportista galego de alto nivel DGAN 2015.
Inés Santiago Morón, do Club Triatlon Ferrol, é campiona de España junior triatlón sprint categoría junior; 2ª copa de europa de triatlón categoría junior. Brais Casás Fernández, de Pontedeume, milita no Clube Kayak Tudense, é campión de España C2-1000 m. categoría absoluta; campión galego CO-200 m. categoría absoluta; campión nacional 2015 categoria sub-23 e 6º clasificación internacional 2015 categoria sub-23.