Home / Cultura / A Deputación de A Coruña anima a artistas e músicos con doce premios culturais

A Deputación de A Coruña anima a artistas e músicos con doce premios culturais

FERROL360 | Martes 19 marzo 2019 | 18:01

Os músicos de Ferrol e comarca poderán acceder ás axudas da Deputación de A Coruña, que este ano convoca doce premios culturais e un total de 151.500 euros para animar aos artistas na súa faceta creativa.

O organismo provincial quere premiar cunha serie de galardóns a traxectoria e obras en diversos ámbitos culturais, dende a literatura ata a música e tamén os ensaios e os proxectos feministas. O prazo para presentar as obras e as propostas nestas doce convocatorias xa está aberto e podese consultar no BOP.

O obxectivo destas convoctarias é contribuír a difundir a creación cultural cun recoñecemento económico. Entre os premios e convocatorias destacan os dous premios Torrente Ballester en galego e español, o Premio Manuel Murguía de Ensaio ou o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Até o 5 de abril está aberto o prazo para presentar textos teatrais, obras de literatura infantil e xuvenil e ensaio, dotados con 6.500 euros cada un, cantidade que no caso do Rafael Dieste se incrementaría coa representación da obra gañadora.

Namentres, nas dúas modalidades do Premio Torrente Ballester de Narrativa, en castelán e galego, o prazo estará aberto até o vindeiro 10 de xuño e a cantidade do galardón ascende a 25.000 euros cada un.

A maiores, son cinco as convocatorias destinadas a recoñecer os distintos ámbitos da creación artística, desde un xenérico de artes plásticas, un de creación fotográfica, outro de banda deseñada e outro de artes gráficas.

Estes premios son o Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais, Luís Ksado de Creación Fotográfica, Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas, Castelao de Banda Deseñada, Andrés Gaos de Composición Musical e Jesús Núñez de Arte Gráfica, ademais do Quero Cantar de Música Infantil e Xuvenil.

Composición, grupos e artistas musicais e música infantil e xuvenil son as tres modalidades de música que a Deputación da Coruña premia neste ano co concurso XI Concurso Fran Pérez Narf, aberto até o 15 de maio.

Finalmente, destaca o Premio Begoña Caamaño, unha acción cultural que fomenta a igualdade de xénero cunha dotación de 6.500 euros para persoas, colectivos, entidades ou propostas artísticas comprometidas coa promoción da igualdade desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura.

Todos os detalles das bases dos premios pódense consultar no BOP no seguinte enlace.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies