O alumnado do CEIP de Ombre (Pontedeume) leva á Deputación esta inicitiva pola igualdade (foto: Deputación de A Coruña)
FERROL360 | Sábado 28 septembro 2019 | 15:00
A Pelota da Diversidade na Igualdade chega a Deputación de A Coruña apoiada por diferentes entidades, institucións e persoeiros públicos. Trátase dun proxecto da comunidade educativa da CEIP de Ombre en Pontedeume.
O proxecto consiste nunha pelota feita con retais de tela e trapos que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar en favor da diversidade e a igualdade nunha cadea na que veñen participando numerosas entidades e persoeiros do mundo do deporte, dos medios de comunicación e da cultura de Galicia.
Valentín González Formoso, o presidente da Deputación de A Coruña xunto con Ana Lamas, deputada de Benestar Social, e Bernardo Fernández, portavoz do Goberno provincial, recibiron esta semana na Deputación a un grupo de alumnas e alumnos do centro que impulsan a iniciativa.
Segundo explican dende a Escola Unitaria de Ombre a idea xurdiu dentro dun programa didáctico que «pretende explicar ao noso alumnado a realidade incuestionable da diversidade humana».
A proposta naceu o pasado 8 de marzo de 2018 da man do alumnado, os titores, ademais da profesora e titora do centro escolar, Isabel García.
González Formoso, gabou «unha iniciativa exemplar» que «promove a participación activa dos escolares e contribúe a afianzar valores coma a inclusión e a igualdade».
A pelota, feita a base de retallos e trapos que simbolizan a igualdade nun tecido de diversidade, seguirá rodando por distintos pobos e cidades levando a súa mensaxe de igualdade a todos os recunchos.
O seu percorrido pode seguirse no perfil de Instagram cuentos_3rs, onde se vai dando conta dos lugares nos que roda a pelota co HT #