Home / Actualidad / A Deputaci?n e o Concello de Cabanas asinan un convenio para a mellora de infraestruturas

A Deputaci?n e o Concello de Cabanas asinan un convenio para a mellora de infraestruturas

FERROL360 | Venres 10 xaneiro 2014 | 18:19

O Concello de Cabanas ven de asinar coa Deputaci?n da Coru?a unha serie de convenios destinados a mellorar diferentes aspectos das infraestruturas municipais ? longo deste ano. A realizaci?n das obras de sinalizaci?n de r?as e cami?os nas parroquias de Laraxe, Porto e Cabanas, o peche perimetral da ?rea Recreativa de A Veiga e as obras para a un colector de saneamento no lugar de Pe?n en Laraxe supor?n un investimento total de case 125.000 euros.

O goberno municipal ten previsto comezar as obras no prazo m?ximo de dous meses para telas rematadas antes do inicio da campa?a de ver?n. O proxecto para a realizaci?n das obras de sinalizaci?n do nomencl?tor municipal de r?as e cami?os nas parroquias de Laraxe, Proto e Cabanas conta coa maior financiaci?n, case 70.000 euros. Con esta obra rematarase o esforzo realizado polo Concello para a correcta sinalizaci?n do municipio logo de que en fases anteriores se levasen a cabo as obras nas parroquias de Soaserra, Regoela, Salto e Ir?s.

Pola s?a banda, a obra para o colector en Pe?n servir? para seguir mellorando a rede de saneamento municipal. Desta forma ampliarase o servizo ofrecido polo concello aumentando a s?a cobertura. O orzamento para esta obra ser? de case 35.000 euros. O ?ltimo dos proxectos enm?rcase dentro dos traballos que ven levando a cabo o Concello para a creaci?n dunha ?rea recreativa e deportiva no entorno de A Veiga que se poida converter nun referente na comarca. As?, cun orzamento de 30.000 euros realizarase o peche do campo de f?tbol 7 que permitar? a s?a utilizaci?n en competici?ns deportivas as? como a delimitaci?n do espazo das pistas de p?del e do aparcadoiro desta ?rea recreativa e deportiva de A Veiga.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies