Home / Actualidad / A Deputación financia o acondicionamento e climatización da piscina de Centieiras en Fene

A Deputación financia o acondicionamento e climatización da piscina de Centieiras en Fene

FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 20:11

A Deputación da Coruña achegará 109.413 euros ao Concello de Fene para mellorar as instalacións da piscina municipal de Centieiras. Deste xeito, se substituirán os deshumificadores do soto, co que se logrará reducir a humidade e cumprir cos baremos establecidos.

Así mesmo, se reparará o exterior do edificio, actualmente en moi mal estado. Repararase tanto o revestimento das fachadas, de madeira tratada, como a cuberta. Por último, vaise proceder tamén a un cambio na localización do ximnasio, que pasará a estar no primeiro andar, nun espazo reservado para cafetería, pero agora en desuso.

A Deputación asume en solitario o custo de todas estas actuacións a través dun convenio asinado este mércores entre o alcalde e o presidente provincial, Diego Calvo, que destacou a importancia de colaborar con este proxecto para mellorar a calidade de vida dos veciños de Fene.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies