Home / Actualidad / A Deputación financiará o 80 % da reparación dunha pista de Bardaos, en San Sadurniño

A Deputación financiará o 80 % da reparación dunha pista de Bardaos, en San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 13 abril 2016 | 17:02

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e o responsable provincial de Cooperación e Asistencia a municipios, Xosé Regueira, asinaron este mércores na Coruña un acordo económico para a execución das obras de aglomerado da pista que une a estrada de Ortigueira co lugar da Bañoca, na parroquia de Bardaos.

A obra realizarase ao longo de 1,5 quilómetros dun tramo entre a AC-862 e a DP-4905, coa finalidade de mellorar a seguridade peonil e o tráfico rodado no principal eixo de comunicación desta parroquia. Cuantificado en 112.500 euros, será financiado nun 80% con fondos xestionados pola Deputación, mentres que o Concello de San Sadurniño achegará o 20% restante.

Ademais destes traballos, o Concello incluíu no proxecto unha petición veciñal xurdida nas asembleas dos orzamentos participativos, consistente na construción dunha senda peonil nas Loibas, o principal núcleo de poboación de Bardaos. Así trazaranse arredor de 600 metros de beiravías de cemento de ata un metro de ancho que discorrerán pola marxe dereita da estrada -sentido Sur a Norte- e por ambos lados nas zonas de maior concentración de vivendas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies