Home / Cultura / A Deputación lanza o concurso #HoxeLeoEn para animar á lectura e promocionar o turismo

A Deputación lanza o concurso #HoxeLeoEn para animar á lectura e promocionar o turismo

Esta foto le valió el premio del certamen (foto: Zaída Panadero)

FERROL360 | Martes 9 xullo 2019 | 9:26

A Deputación da Coruña busca os mellores lugares da provincia para ler este verán e lanza novamente o concurso #HoxeLeoEn para animar á lectura e promocionar o turismo. A Biblioteca Provincial e a área de Turismo convocan a sétima edición deste certame, que o pasado ano gañou unha ferrolá cunha foto na praia de Santa Comba.

As persoas que desexen participar neste concurso poderán presentar un máximo de dúas fotografías nas que amosen o libro que están lendo e o seu lugar favorito da provincia para gozar da lectura durante o verán.

As fotos deben indicar o lugar onde se toma a imaxe, o libro e a autora ou autor do mesmo e difundirse a través das redes sociais Twitter, Facebook ou Instagram, seguindo e mencionando a @bibliodacoruna e @DACTurismo e incorporando a etiqueta #HoxeLeoEn. Tamén poden enviarse directamente por correo electrónico abiblioteca.info@dacoruna.gal.

Para participar no concurso só se require ser maior de idade e o prazo de presentación das fotografías será ata o 31 de agosto. O premio consistirá nunha viaxe cultural a unha capital europea para dúas persoas.

A persoa que resulte galardoada no sorteo recibirá a comunicación do premio o día 9 de setembro polo mesmo medio no que participou, e polos datos de contacto remitidos obrigatoriamente por correo electrónico.

A data do acto de entrega do premio, que terá lugar na Biblioteca da Deputación da Coruña, será anunciada xunto co nome da persoa gañadora o día 9 de setembro. É requisito imprescindible para a aceptación do premio a recollida presencial deste no acto público que se detallará o día do anuncio do nome da persoa gañadora.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies