Home / Sociedad / Entidades sociales / A deputada provincial de Benestar Social visitou o Centro de Día de AFAL Ferrolterra

A deputada provincial de Benestar Social visitou o Centro de Día de AFAL Ferrolterra

FERROL360 | Xoves 3 marzo 2016 | 17:47

A deputada provincial de Benestar Social, Anxela Franco, visitou este xoves o Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra para coñecer en primeira persoa o día a día da asociación. Os representantes da entidade recibiron á deputada e percorreron con ella as diferentes dependencias.

Parada especial nas salas de terapias, onde os usuarios estaban a participar, nese momento, en talleres de manualidades e estimulación cognitiva. Un deles, Lolo, entregoulle un agasallo á deputada como lembranza do seu paso polo centro, un pratiño feito polos propios usuarios nos obradoiros que se levan a cabo nas instalacións.

Así mesmo, a deputada provincial asinaba no Libro de Honra de AFAL e, por último, iniciaban unha xuntanza de traballo na que se abordaron posibles liñas de colaboración. Franco salientou a importante labor que leva a cabo AFAL Ferrolterra a favor das persoas afectadas de Alzheimer e das súas familias, un pilar fundamental para afrontar esta doenza.

Franco dirixiuse tamén á sede da ALCER, Asociación da loita contra as enfermidades do ril, entidade coa que xa se reunira na sede da Deputación, para coñecer as súas instalacións e atender os seus proxectos e posibilidades de colaboración.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies