Home / Actualidad / A Diputación contrata a 189 persoas desempregadas da Provincia durante 3 meses

A Diputación contrata a 189 persoas desempregadas da Provincia durante 3 meses

FERROL 360 | Luns 11 novembro 2013 | 19:10

A Deputación da Coruña porá en marcha nos próximos días o seu Plan de Emprego anual que, en colaboración coa Xunta de Galicia, dará traballo e formación durante tres meses a 189 persoas dos 83 concellos menores de 20.000 habitantes da provincia. Os traballadores asinarán os seus contratos na sede da institución provincial nos próximos días

Este programa, que supón un investimento total de preto de 900.000 euros, ten como obxectivo a contratación de persoas desempregadas co fin de dotar a todos os beneficiarios dunha experiencia profesional que lles axude á hora de atopar un emprego. Por iso, o plan está dirixido a aqueles colectivos con maiores dificultades para a súa inserción laboral.

En total, o programa funcionará con 83 cuadrillas para os concellos, cada unha delas composta por dúas persoas. Diversas cuadrillas permanecerán operativas no Mosteiro de Caaveiro, o Pazo de Mariñán, Torres de Allo, o Dolmen de Dombate e Batáns de Mosquetín. Ademais, contratarase a nove arquitectos ou enxeñeiros técnicos que se ocuparán das labores de coordinación dos traballos.

Un comentario

  1. Felipe do Muíño

    Amigos y familiares afines al Partido Popular, siguiendo el modelo Baltar en Ourense

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies