FERROL360 | Miércoles 11 julio 2018 | 13:30
O Concello de Neda acaba de firmar un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social para contribuír ao equipamento da escola infantil «Os Pelegríns». O acordo realizado con Política Social ascende a 18.000 euros.
Neda leva fai agora un ano cun servizo clave para garantir o incremento da poboación local.
Deste xeito, as escolas infantís recibirán unha axuda de 7.000 euros por cada unha das aulas que teñan en funcionamento ademais dun compromiso para aumentar o número de usuarios do servizo de asistencia ao fogar.
En paralelo, José Manuel Rey Varela, o titular da Consellería de Política Social tamén comprometeuse a estudar a posibilidade de que os maiores de Neda poidan facer uso do centro de día de Caranza, á espera de que Neda dispoña do seu.