Home / Sociedad / Educación / A Escola Infantil Municipal de San Sadurniño iniciou este luns a súa actividade

A Escola Infantil Municipal de San Sadurniño iniciou este luns a súa actividade

FERROL360 | Luns 2 febreiro 2015 | 19:37

Os nenos matriculados na Escola Infantil Municipal de San Sadurniño comezaron este luns o curso. Os primeiros días serán de toma de contacto co centro, coas mestras e cos novos compañeiros. Segundo indican desde a escola «o arranque non puido ser mellor. Case non houbo choros».

A intención do equipo educativo é que todos se vaian coñecendo e familiarizando cunhas instalacións nas que xogarán e aprenderán ata o mes de agosto en que remata este primeiro curso da Escola Infantil Municipal de San Sadurniño. Un curso un tanto atípico pola data de inicio.

En total foron vinte os pequenos que estrearon a Escola Infantil de San Sadurniño. Está distribuídos case a partes iguais nas unidades de 1 a 2 e de 2 a 3 anos. O centro dispón dun total de 38 prazas que non se cubriron por mor do avanzado do curso.

O prazos para reserva de praza e de solicitude para novas incorporacións se abrirá no mes de marzo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies