Home / Sociedad / Educación / A escola infantil de Esteiro será unha realidade o vindeiro curso

A escola infantil de Esteiro será unha realidade o vindeiro curso

Firma del convenio entre Xunta, Concello y Fundación Amancio Ortega para la construcción (foto: Xunta)

Firma del convenio entre Xunta, Concello y Fundación Amancio Ortega para la construcción (foto: Xunta)

FERROL360 | Luns 8 xullo 2013 | 12:58

Ata oitenta e dous nenos e nenas de entre cero e tres anos poderán ser escolarizados na gardería que se está a construír nunha superficie entre os barrios de Esteiro e Recimil. Os veciños de Esteiro, tras varios exercicios de espera, conseguirán que os seus fillos e fillas poidan estrear a que será a cuarta “Galiña azul” de Ferrol.

Desde o ano 2005, tal e como lembrou este luns a Asociación Veciñal, realizaron unha recollida de mil sinaturas, unha campaña de pegada de cartazes, encontros con todos os grupos municipais e coa que fora delegada de Benestar da Xunta na Coruña, Tereixa Novo. Ademais, defenderon no pleno do Concello de Ferrol unha moción que foi aprobada por unanimidade.

Amósanse satisfeitos porque «ven recompensado un esforzo que non sempre é recoñecido». Aseguran que seguirán a traballar en prol do barrio de Esteiro e da cidade de Ferrol.

A construcción e equipamento do centro están financiados pola Fundación Amancio Ortega tras un convenio establecido coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O seu orzamento ascende a 1,2 millóns de euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies