Home / Cultura / A exposición de pintura e cerámica Eu mesma será inaugurada este venres en Fene

A exposición de pintura e cerámica Eu mesma será inaugurada este venres en Fene

FERROL360 | Venres 7 marzo 2014 | 12:40

A casa da cultura do Concello de Fene presenta este venres ás sete da tarde a exposición da artista ferrolá Mari Carmen Sendón. Ao acto de inauguración tamén acudirá a poeta Amelia de Querol Orozco.

Ata o vindeiro 28 de marzo poderá contemplarse a mostra que baixo o título Eu mesma agocha figuras de cerámica e tres tipos de pintura distintas.

A artista explica que tanto na pintura ao óleo como na cerámica, emprega «unha temática variada con tendencia cara o sinxelo, cara o movemento, cara a natureza máis común: os nosos campos, as nosas flores, camiños…». Nunha vintena de cadros, Sendón representa figuras mitolóxicas ou a flora e a fauna galega, a través das que di expresar «as miñas sensacións, os meus soños, os meus sentimentos e o que son «eu mesma»».

O horario de visitas de luns a venres será de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os sábados só de 10:00 a 13:00 horas.

Unha das obras na que a pintora Mari Carmen Sendón representa a flora galega (cedida)

Unha das obras na que a pintora Mari Carmen Sendón representa a flora galega (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies