Home / Cultura / A exposición «Historias ao longo do Camiño Inglés» chega este xoves á Autoridade Portuaria

A exposición «Historias ao longo do Camiño Inglés» chega este xoves á Autoridade Portuaria

FERROL360 | Mércores 29 xullo 2015 | 11:38

A sala de exposicións da Autoridade Portuaria acolle este xoves, ás 20:30 horas, a presentación da mostra de fotografía e pintura de Historias ao longo do Camiño Inglés da Asociación Cultural e Artística Ti e Máis Eu Teatro. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 7 de agosto en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas.

Segundo indican desde a entidade, esta exposición é a consecución da actividade do mesmo nome que se desenvolveu no mes de marzo e que combinaba representacións teatrais, interpretación do patrimonio, visitas guiadas, turismo, música e gastronomía, xunto cun concurso de fotografía e pintura.

Historias ao longo do Camiño Inglés foi quen de reunir, por primeira vez, a diversos concellos do Camiño Inglés para levar a cabo unha actividade conxunta e poñer así os cimentos para unha mellor colaboración entre os mesmos e as entidades culturais para a posta en valor e promoción da Ruta Xacobea.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies