Home / Actualidad / A exposición pública os censos electorais de Ferrol e Narón ata o 9 de novembro

A exposición pública os censos electorais de Ferrol e Narón ata o 9 de novembro

FERROL360 | Luns 2 novembro 2015 | 14:31

Una vez convocadas as Eleccións Xerais 2015, os Concellos de Ferrol e Narón abren o prazo de exposición pública dos censos electorais desde este martes e ata o día 9 de novembro.

O obxectivo da exposición é que os cidadáns comproben que os seus datos censáis son correctos e, no caso de que non sexa así, podan modificalos. Para iso deberán presentar unha reclamación administrativa formulada polo propio interesado e previa identificación.

O Concello de Ferrol está adherido ao sistema informático que permite consultar o censo vixente e tamén se pode descargar a aplicación CONOCE. En Narón, establecéronse os seguintes teléfonos para realizar a consulta: 981.217.439, 981.217.427 en horario de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e desde as 16.00 ata as 18.00 horas. O sábado día 7 de 09.00 a 14.00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies