Home / Actualidad / A FEMP estuda propostas de reforma da Lei das Facendas Locais no sector das telecomunicacións

A FEMP estuda propostas de reforma da Lei das Facendas Locais no sector das telecomunicacións

FERROL360 | Luns 10 novembro 2014 | 18:08

O Secretario Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias, Ángel Fernández Díaz, ven de remitir un escrito ó alcalde de Narón, José Manuel Blanco, no que asegura que están a estudar propostas de reforma da Lei das Facendas Locais no sector das telecomunicacións.

Este escrito ven a dar resposta a unha carta enviada polo rexedor na que solicitaba á FEMP que mediase ante o Goberno Central de cara á modificación da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei Xeral de Telecomunicacións e a Lei do Sector Eléctrico, para adaptalas ó Dereito Europeo.

Actualmente as empresas comercializadoras dos servizos de telefonía están a beneficiarse destas leis xa que os tribunais de xustiza están anulando o pago da correspondente taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do chan, subsolo e voo das vías públicas.

No seu escrito o secretario da FEMP asegura que é consciente desta problemática e di que ven reclamando ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a necesidade de clarificar a situación normativa, e que sexa sen quebranto das facendas locais.

Así, indica que tense trasladado ó Goberno a necesidade dunha reformulación profunda do réxime tributario local do sector económico das telecomunicacións e o Goberno está a analizala.

Asimesmo, están traballando na elaboración dunha nova proposta de enmienda sobre esta problemática, para presentala no Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies