Home / Cultura / A Festa das Peras encherá dende hoxe Pontedeume coa Panorama coma ‘prato forte’

A Festa das Peras encherá dende hoxe Pontedeume coa Panorama coma ‘prato forte’

Cartel da Festa das Peras 2013

Cartel da Festa das Peras 2013

FERROL360 | Sábado 7 setembro 2013 | 10:08

A Festa das Peras ten o poder de congregar xente de todos os puntos das nosas comarcas na vila dos Andrade, por iso, sempre poñen o máximo coidado para non perder as tradicións e seren ao mesmo tempo, un rechamo a todo o que queira visitar Pontedeume nestas datas.

Hoxe mesmo, a vila amencía ás nove coas alboradas e os foguetes, é o día do Pregón, o primeiro das festas. Ás doce do mediodía, sairán os Mómaros e Cabezudos polas rúas acompañados dos gaiteiros.
As 19:00 horas, terá lugar a tradicional ofrenda floral á Virxe das Virtudes é ás oito e media, dende o balcón do concello, o periodista eumés Evaristo Amado fará a lectura do pregón.
A partires das 23, na Praza do Conde, comezará a verbena coa orquestra Tambo, con dous pases que rematarán ás dúas da mañá.

O domingo é un dos días máis agardados por valientes e curiosos: o día da cucaña.
Érguese de novo Pontedeume con alboradas, foguetes e gaiteiros ás nove; e ás dez e media saen Mómaros e Cabezudos.
Ás 11:30 horas, haberá unha misa solemne e procesión coa banda Charamela, para deixar paso logo aos Mómaros de novo, con pasarrúas.
Ás 13:00 horas, chegará a hora da cucaña marítima e a queima do Galán.
A partires das seis da tarde, no polideportivo ‘Parque Sarmiento’, haberá exibición de Iudo e despois, ás sete, baloncesto junior feminino.
Ás 19:30, actuará a compañía Desastronauts e ás 21, a compañía de teatro Melasombra Produccións ‘Misión Sapiens’.
A verbena da noite virá a cargo da orquestra Alarma, dende as once da noite ate as tres e media da madrugada.

O luns día 9 de setembro, é o día das froitas.
As nove tocan diana as alboradas e tamén comeza a recepción de participantes no concurso ate ás 10:15 horas.
A mediodía terá lugar a entrega de premios e o sorteo e ás doce e media, unha degustación popular de productos.
Na casa da cultura ás 21:30 haberá actuación de Allegro Intermezzo e a verbena nocturna na Praza do Conde a cargo da orquestra Claxxon, dende as once ate as tres e media da mañá.

O martes 10 e o día dos fogos e da orquestra Panorama.
Coas alboradas pola mañá, os Mómaros e cabezudos, ás 11 comeza a final do torneo de tenis absoluto.
Ás doce do mediodía haberá unha misa solemne e procesión coa banda Charamela, na honra de San Nicolás de Tolentiño, coa tradicional bendición de Bolos.
Ás 18:00 horas, darase saída á cronoescalada a Breamo.
Ás sete da tarde, actuará Peter Punk e as nove a compañía de teatro DameCuerdaQueTeAto.
A verbena máis esperada, comezará ás once da noite coa orquestra Panorama. Unha hora máis tarde, botarán os fogos de artificio e a unha da mañá, sube de novo ao escenario a Panorama ate as tres e media da madrugada.

O mércores, último día de festa, é o da Xira do Eume.
Ao son das alboradas, ás 11:00 horas terá lugar a saída cara o río Eume. Ás catro e media do serán, haberá unha actuación musical e ás 23 na Praza do Conde, rematará a Festa das Peras coa orquestra Nueva Generación.

Sobre Ferrol360

Un comentario

  1. A mi me pasa muchas veces, comienzo a «falar en galego» con mucho entusiasmo y sin darme cuenta acabo hablando español; y al revés. En este comentario, escrito en gallego, tan completo sobre las fiestas de Puentedeume, se os ha colado un párrafo en español «a las once de la noche con la orquestra Panorama». Cuando escribo en gallego, para evitar este despiste, paso el traductor de la Xunta de Galicia, que es muy bueno, gratuito y está en su página web de muy fácil acceso.
    Bueno que tengáis tiempo de ir a las fiesta que hay tiempo para todo y bien que os lo curráis.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies