Home / Eume / As Pontes / A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado abre as portas das súas novas instalacións

A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado abre as portas das súas novas instalacións

Algunas das pezas que se atopan nas instalacións (foto: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado)
Algunas das pezas que se atopan nas instalacións (foto: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado)

FERROL360 | Luns 25 marzo 2019 | 9:12

Este sábado a Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado abrirá as portas das novas instalacións do museo, ubicadas na Praza da Igrexa de As Pontes. O acto de inauguración terá lugar a partir das 12:00 horas e trátase dun proxecto persoal de José María López Ferro, actual presidente da Fundación e alma mater do museo.

O inmoble que acolle as novas instalacións foi cedido pola veciña Caridad Formoso Antón e rehabilitadas con cargo a un convenio de colaboración entre o Concello de As Pontes e a Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado, asinado no ano 2018.

A Deputación da Coruña colaborou tamén coa entidade na adquisición de equipamentos informáticos e electrónicos. O novo equipamento conta con preto de 2.000 obxectos expostos nas súas 33 seccións «que permiten ao visitante facer unha auténtica viaxe no tempo, para coñecer e descubrir como era a vida dos nosos antepasados, nunha Galicia rural que nada ten que ver coa de hoxe en día», explica López Ferro.

Nestas novas instalacións, a Fundación levará a cabo diferentes actividades durante todo ano. Así ten previsto realizar obradoiros, conferencias, exposicións, concertos, co fin de que este novo equipamento se convirta nun punto de xeración cultural máis do municipio pontés.

A entrada ao museo será gratuita en horario de martes a venres de 18:00 a 19:30 horas e sábados, domingos e festivos de 11:30 a 13:00 horas. Tamén poderanse concertar visitas guiadas para grupos noutros horarios, previa comunicación nos teléfonos 670509697 e 698148890.

A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado conta con 4.000 pezas e útiles, empregados polos nosos devanceiros durante o século XIX e boa parte do XX. Sen dúbida, unha colección etnográfica senlleira na que o seu presidente, José María López Ferro, traballa desde 1984.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*