Home / Cultura / A Fundaçom Artábria celebra o seu 16º aniversario con teatro, música e un concurso de tortillas

A Fundaçom Artábria celebra o seu 16º aniversario con teatro, música e un concurso de tortillas

FERROL360 | Xoves 25 setembro 2014 | 16:19

A Fundaçom Artábria está de celebración este mes de setembro porque cumpre, nada máis e nada menos, que dezaseis anos. Un tempo adicado ao «trabalho pola defesa da nossa cultura, ós valores solidários e ós direitos históricos do nosso País», indican desde a entidade. E para festexar este momento tan sinalado teñen organizadas unha morea de actividades.

A celebración arraca este venres 26 de setembro, con teatro da man da compañía Histéria que interpretarán a obra Berlim. Será a partir das 22:00 horas e a entrada é gratuita.

O sábado 27 de setembro ás 22:00 horas terá lugar o espetáculo cómico de Fiz, mentres que o vindeiro 3 de outubro celebrarase o II Concurso Ártabro de elaboración de tortilla de patacas. Será a partir das 21:30 horas.

O sábado 4 de outubro chega a primeira cita musical do aniversario coa actuación de Ulträqäns, que «trazeram as suas melodias electro-folque-dance-tradicionais construídas com ladridos em semicorcheas e ouvidos de fusas e parafusa». O concerto comezará ás 22:00 horas.

Os máis pequenos tamén serán protagonistas da celebración unha xornada especial adicada a eles. Será o día 10 de outubro co Aniversário infantil. Así, haberá xogos, música e sorpresas para os pequerrechos da casa.

O Centro Social da Fundaçom Artábria acollerá unha Repichoca Ártabra o 11 de outubro desde as 22:00 horas. Desde a organización nos convidan a levar o noso instrumento e participar. O 16 de outubro Xurxo Souto presentará o seu último libro Contos do Mar de Irlanda.

Tamén haberá tempo para os monólogos, neste caso da man de Isabel Risco, gañadora do premio Mestre Mateo á mellor actriz do 2014. O 17 de outubro poñerá en escea o seu monólogo Nabiza Girl a partires das 22:00 horas. A entrada é de balde.

Manuel Cráneo e Alfredo López «Tokio» presentarán a banda deseñada A causa do crime, ambientada na primeira folga xeral en Vigo. O acto terá lugar o 23 de outubro ás 19.30 horas. Ó día seguinte, 24 de outubro, os cines Dúplex de Ferrol acollerán a estrea mundial do documental 15 anos da Fundaçom Artábria. Será ás 20:00 horas e ó finalizar haberá petiscos no Centro Social.

A Fundaçom Artábria pechará o programa do aniversário ao grande. O 25 de outubro celebrarán no Centro Social unha cena de confraternización a un prezo de 12 euros e 10 euros para os socios. Hai que apuntarse antes do 22 de outubro no Centro Social ou no correo: correiodeartabria@gmail.com. As prazas son limitadas. O punto final correrá a cargo de Blues do País.

Artabria

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies