Home / Actualidad / A Fundaçom Artábria promove este mércores unha homenaxe ao rexedor republicano Jaime Quintanilla

A Fundaçom Artábria promove este mércores unha homenaxe ao rexedor republicano Jaime Quintanilla

FERROL360 | Mércores 17 agosto 2016 | 10:42

O 18 de agosto de 1936 Jaime Quintanilla foi asasinado polos militares golpistas que puxeron fin á II República. Outros catorce presos máis caeron ao seu carón nas tapias do camposanto de Canido, fusilados. Ao que fora o primeiro alcalde republicano de Ferrol no -do 31 ao 34-, apresárano dúas veces na súa casa. Da primeira librouse, na segunda xa non.

Deixou viúva e dous fillos. Un deles Jaime Quintanilla Ulla, que estaría chamado a ser o primeiro rexedor ferrolán da democracia e o único, polo de agora, que repetiu no cargo.

O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto como homenaxe ao político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado nesta mesma data no 1936. Co gallo desta efeméride a Fundaçom Artábria organiza unha homenaxe a Quintanilla este mesmo mércores.

Será no Baluarte de Canido desde ás 20:30 horas. Alí intervirá Vitor Santalha en representación da entidade; o historiador Henrique Sanfiz, historiador; e o hispanista John Tomphsom. A nota máis emotiva chegará, de seguro, coa actuación do músico Jamie Fifthring, neto do homenaxeado.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies