Home / Actualidad / Política / A Garda Civil de San Sadurni?o ocupar? nos vindeiros meses parte das oficinas do edificio consistorial

A Garda Civil de San Sadurni?o ocupar? nos vindeiros meses parte das oficinas do edificio consistorial

ARY L?PEZ | San Sadurni?o | Luns 3 marzo 2014 | 13:56

O Concello de San Sadurni?o iniciou o mes de marzo cunha ampla xornada plenaria que tivo lugar o pasado s?bado.

Os aspectos m?is relevantes para o municipio e nos que estiveron de acordo as tres forzas pol?ticas (BNG, PP e PSdeG-PSOE) foron os seguintes:

Cesi?n de instalaci?ns municipais ? comandancia da Garda Civil

O goberno local leva arredor dun ano estudando a posibilidade de po?er a disposici?n da Benem?rita parte do edificio consistorial. A finalidade deste acordo ? a de doutar ? Garda Civil dun maior espazo, ofrec?ndolle instalaci?ns m?is amplas e mellores ?s que gozan actualmente. Poder?n empregar parte das oficinas ubicadas no primeiro andar da casa consistorial en poucos meses, unha vez que as dependencias municipais se trasladen ao antigo Pazo da Marquesa.

O grupo de goberno considera que este novo emprazamento para as forzas e corpos de seguridade do Estado ? o ?id?neo? para que poidan desenvolver a s?a actividade e deste xeito o edificio seguir? sendo empregado para usos p?blicos, tal e como esixe o seu cumprimento. Para os grupos da oposici?n, esta cesi?n ? ?positiva?.

Tam?n foron aprobadas por unanimidade as bases das becas para o corrente 2014 destinadas ao estudo e ?s subvenci?ns a entidades deportivas e culturais. Neste ?ltimo punto, acordouse puntuar m?is a aqueles colectivos que realicen actividades para a promoci?n da igualdade e aqueles outros que tam?n colaboren co Concello, tanto se facilitan persoal coma recursos propios.

Asemade, recibiu o respaldo de t?dolos grupos pol?ticos o punto que modifica a ordenanza fiscal n?mero 20, aquela que regula a taxa por tramitaci?n de documentos urban?sticos e tam?n o ep?grafe referido ? incorporaci?n nas vindeiras semanas do sistema electr?nico no Concello de San Sadurni?o.

Acordos relativos ao Plan DTC 93

O goberno local validou un proxecto de acondicionamento viario doutado en m?is de 149.000 euros. A proposta estudaba a posibilidade de inclu?r no plan provincial o ensanchamento e aglomerado da pista que une as parroquias de Narah?o e San Sadurni?o, a trav?s do tramo que vai dende o Chao ? Bidueda. Neste punto xa se operou o pasado mes de agosto pero a empresa adxudicataria realizou un traballo que na actualidade ? necesario refacer, xa que o vial amosa grandes desperfectos.

O l?der dos populares, Pl?cido L?pez, ve con bos ollos que se ama?e a pista ?porque na ?ltima reparaci?n quedou peor do que estaba e gastouse unha pasta?.

Para o socialista Fernando M?rquez, ? ?sangrante? que hai seis meses se levara a cabo unha obra ?que custou 15.000 euros e non foi satistactoria e agora hai que volver a realizala?.

A oposici?n recibiu a resposta do voceiro nacionalista Suso Soto, quen aclarou que naquel momento ?a actuaci?n foi provisional porque a pista precisaba dunha execuci?n urxente. Mentres non tivemos a aportaci?n suficiente para facela decidimos traballar a curto prazo?. Ademais, o alcalde, Secundino Garc?a, engadiu que ?o Concello ten dereito a reclamarlle ? empresa os arranxos deses desperfectos e vaino facer?.

Por outra banda, o pleno escoitou o debate arredor da modificaci?n da normativa que regula o Servizo de Axuda no Fogar, adaptado lixeiramente ao decreto proposto pola Xunta de Galicia. O goberno local oponse a que os prezos do servizo queden marcados ?nos m?is baixos que permite a lei?.

Tam?n pretenden que non se incorpore a cl?usula de externalizaci?n deste servizo. Os nacionalistas sinalan que a atenci?n debe continuar ofrec?ndose ?dende o Concello e non de forma externalizada?, xa que, desta maneira, a f?rmula ? ?m?is doada e directa? tanto para os que prestan este servizo como para os que o reciben. A concelleira de Benestar, Mar?a do Carme Mu??o, engadiu que ata o de agora ?estamos dando emprego a unhas dezaoito persoas e non podemos arriscarnos a perder a financiaci?n auton?mica?.

A proposta foi aprobada coa abstenci?n do PSdeG-PSOE.

Habilitaci?n da Alcald?a como representante legal en procesos xudiciais

Para adentrarse neste punto haber?a que remontarse ao ano 2007, cando o goberno local do Partido Popular solicitou a Novagalicia Banco un pr?stamo de 300.000 euros con vixencia de vinte anos.

O pleno de marzo en San Sadurni?o aprobou, entre outras cousas, a cesi?n de oficinas municipais ? Garda Civil (foto: Ary L?pez)

O pleno de marzo en San Sadurni?o aprobou, entre outras cousas, a cesi?n de oficinas municipais ? Garda Civil (foto: Ary L?pez)

O voceiro do BNG explicou que naquel momento o Concello ?firmou un contrato dun produto financeiro de alto risco para o que non estaba preparado?. Para Soto, o obxecto deste pr?stamo eran unhas ?obras desco?ecidas?. A cancelaci?n do mesmo, que xa se levou a cabo en 2012 polo actual goberno municipal, sup?n que NGB devolva ata 55.000 euros en concepto de SWAP.

A Alcald?a decidiu reclamar xur?dicamente dita cantidade logo de solicitar unha serie de informes externos que conclu?ron que ?o Concello non ten que pagar absolutamente nada por esa cancelaci?n? porque se considera un ente non informado axeitadamente. Por iso, os nacionalistas decidiron habilitar ao rexedor local para que represente a San Sadurni?o no devandito proceso de reclamaci?n xudicial contra Novagalicia Banco.

Dende o PP, L?pez teme que a persoa que asesore ao Concello arredor deste asunto financeiro e a conseguinte reclamaci?n ?supo?a uns gastos moi elevados?. M?rquez, pola s?a banda, opta por ?buscar posibles soluci?ns e minimizar os costes?.

A proposta foi aprobada coa abstenci?n do Partido Popular.

No apartado de moci?ns, o BNG levou a debate plenario o seu rexeitamento a subirlle as cotizaci?ns aos traballadores aut?nomos esgrimindo que se trata dunha medida ?exclusivamente recaudatoria por parte do Estado Espa?ol?. A moci?n foi aprobada coa abstenci?n do PP, quen defendeu por medio dun comunicado que a reforma laboral ?? xusta, loita contra o desemprego xuvenil e favorece a conciliaci?n familiar?.

A segunda das moci?ns do grupo nacionalista referiuse unha vez m?is ? desaprobaci?n a reformar a lei da administraci?n local, que, din, ?limita a autonom?a local reforzando as competencias das deputaci?ns? e considerando que o debate ?deber?a afrontarse a nivel estatal?. O PSdeG-PSOE amparou a moci?n mentras que o PP se abstivo considerando ?id?nea? a devandita reforma.

Por ?ltimo, tomou a palabra o representante sindical da CIG, Manuel Anxo Grandal, quen defendeu publicamente unha Iniciativa Lexislativa Popular para a creaci?n de emprego en Galicia e o impulso do crecemento econ?mico. Grandal pediu o apoio da corporaci?n municipal e a adhesi?n cidad? a esta iniciativa. O texto destacaba a importancia de ?reivindicar a importancia do p?blico fronte ao privado? e ofrecer ?alternativas propias? para loitar pola recuperaci?n.

A resposta foi favorable por parte do BNG e o PSdeG-PSOE, pero o PP votou en contra por considerar que a proposta ?vai na li?a contraria ? creaci?n de emprego?.

Con motivo da proximidade do D?a Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo, a ?nica moci?n que entrou por v?a de urxencia foi a presentada polo grupo de goberno relativa ao papel da muller na sociedade actual. Con ela pretenden, a grandes trazos, ?garantir os dereitos das mulleres e satisfacer as s?as necesidades reais?. Os populares tam?n pediron medidas de apoio ? muller a trav?s dunha moci?n que foi rexeitada polos nacionalistas considerando que ?se queda corta? e calific?ndoa de ?baleira de contido?.

Finalmente aprobouse a moci?n defendida polo BNG, co voto en contra do Partido Popular.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies