Home / Ferrol / Ares / A Igrexa San Xosé acolle este domingo o IV Certame de Panxoliñas Concello de Ares

A Igrexa San Xosé acolle este domingo o IV Certame de Panxoliñas Concello de Ares

FERROL360 | Sábado 20 decembro 2014 | 18:59

Unha das actividades máis exitosas do programa de festas de Nadal do Concello de Ares, é sen lugar a dúbidas, o IV Certame de Panxoliñas Concello de Ares. Una actividade coa que colabora a parroquia de San Xosé e precisamente a igrexa da vila acollerá este domingo a actuación a partires das 19:00 horas.

Neste certame actuarán as seguintes formacións de Ares: o Coro de Voces Amigas de Ares; a Coral Polifónica Casino Aresano; o Coro Parroquial Xuvenil de Ares; o Coro Parroquial de Adultos de Ares; o Coro Parroquial de Redes; a Escola Municipal de Música, a Escola de Música da Asociación Cultural Xábrega; o Grupo Mandala Gospel; e a Rondalla Trovadores de Ares.

Fernández Lago, edil de Cultura de Ares, asegura que o obxectivo desta iniciativa non é outro que o de recuperar unha tradición como é a de cantar panxoliñas durante estas datas. Ademais de cantigas de sempre, algunhas das agrupacións que actuarán no certame, introducirán panxoliñas inéditas, compostas polos seus integrantes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies