Home / Eume / Cabanas / A II Ruta Cicloturista de Cabanas reúne preto de 250 quilos de alimentos

A II Ruta Cicloturista de Cabanas reúne preto de 250 quilos de alimentos

Ferrol360 | Martes 29 agosto 2017 | 10:58

Un centenar de persoas participaron na segunda edición da Ruta Cicloturista Concello de Cabanas celebrada o pasado sábado. Unha iniciativa solidaria que conseguíu reunir preto de 250 quilos de alimentos para o Banco de alimentos do municipio.

Desde a Concellería de Deportes salientan a importante participación na actividade, que na súa primeira edición contou con algo máis de 60 participantes. Unha evolución que consolida a iniciativa no calendario deportivo local.

A marcha estivo organizada polo Concello, en colaboración coa SCRYD San Mamede de Laraxe e a AVV de Santa Cruz. O punto de partida e saída foi no local da primeira entidade e a ruta contou con dous percorridos adaptados ás idades de 19 quilómetros e 2,5 quilómetros.

Ao remate da ruta os participantes máis novos participaron nunha xincana no local da SCRYD San Mamede, pensada especialmente para o disfrute dos máis pequenos, que recibiron unha medalla en caso de completala.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies