Home / Actualidad / A Mancomunidade encarga un estudo para determinar que servizos poden compartir do ciclo da auga

A Mancomunidade encarga un estudo para determinar que servizos poden compartir do ciclo da auga

FERROL360 | Luns 10 agosto 2015 | 19:25

Este luns celebrouse o pleno da Mancomunidade dos municipios da ría de Ferrol no que os rexedores acordaron encargar un estudo para determinar que servizos poden compartir do ciclo da auga e apoiaron a solicitude do Club Praia de Pantín para a declaración do Pantín Classic como Festa de Interese Turístico de Galicia.

O presidente da Mancomunidade, Jorge Suárez, informou aos rexedores da xuntanza que el e o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantiveron cos responsables de Aguas de Galicia co obxectivo de implicar a Administración galega nun deseño integral para o ciclo da auga que camiñe cara a un servizo mancomunado.

Por unanimidade, os alcaldes acordaron encargar un estudo para ver cales son as posibilidades e canles para avanzar neste obxectivo común que pasa por mancomunar, no posible, todos os servizos relacionados co ciclo da auga, tanto na depuración como puidera ser a reparación de canos.

Pantín Classic e AGA

Tamén por unanimidade, os rexedores mostraron os seu apoio para a declaración do Pantín Classic como Festa de Interese Turístico de Galicia. Así, o vindeiro 28 de agosto terá lugar un encontro no que participarán os alcaldes de Ferrol e Valdoviño co sector do surf a fin de impulsar a promoción do Produto Turístico Surf. Será ás 10:00 horas no centro cultural Torrente Ballester.

Por último, grazas a unha xuntanza informativa cos representantes da Asociación Galega de Apicultura os alcaldes coñeceron de primeira man os riscos ambientais que implica a vespa velutina. Acordaron elaborar unha proposta de convenio coa entidade e demandar da Xunta máis medios para abordar este problema.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies