Home / Actualidad / A Mancomunidade inicia os trámites para a nova licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos

A Mancomunidade inicia os trámites para a nova licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos

FERROL360 | Luns 12 xaneiro 2015 | 21:05

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol inicia os trámites para a licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos debido á próxima finalización do actual contrato, en vixencia até o vindeiro mes de maio.

Este servizo, que xa se está a prestar de maneira mancomunada, contará con novidades no seu novo contrato como a incorporación do Concello de Cabanas ou a baixada do prezo de licitación. Así as cousas, o prezo de licitación será de 96,30 euros por tonelada, sen IVE, fronte aos 130 euros por tonelada dos establecidos no actual contrato.

Cómpre sinalar que o conxunto dos municipios que integran a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol depositan arredor de 1.600 toneladas de refugallos voluminosos ao ano, o que supón un custe por exercicio de aproximadamente 180.000 euros. O prazo de vixencia do novo contrato sería de catro anos prorrogables por outros dous.

Programas de Cooperación

Noutra orden de cousas, os alcaldes da Mancomunidade acordaron na xuntanza deste luns volver acollerse ao programa de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, co obxectivo de reforzar os servizos mancomunados que coordina este organismo.

Deste xeito, a institución supramunicipal solicita subvencións para a contratación dun técnico en Medio Ambiente, un educador social e un administrativo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies