FERROL360 | Venres 31 outubro 2014 | 19:16
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra celebra este sábado un Akelarre Feminista ás 20:00 horas na Praza do Himno Galego en Ferrol. Convidan a toda a cidadanía da comarca a participar na festa e a «conxurar ó patriarcado que nos oprime».
Os participantes compartirán conxuros para atopar os seus desexos para o futuro, como o da Marcha Mundial das Mulleres que di así:
«Raio de lúa e pelos de axila para poder decidir no meu corpo e na miña vida,
ardan ataduras do meu corpo, ardan!!!
Porque nos convirte en obxecto de consumo e mercantiliza as nosas relacións.
Que lle decimos ao capital??
Arde capital arde!!!»
Asimesmo, desde a entidade convidarán aos presentes a beber a beberaxe máxica e liberadora das meigas, en forma de queimada.