Home / Cultura / A mocidade de Neda invitada a resolver o enigma que oculta o proxecto ‘Misión Neda’

A mocidade de Neda invitada a resolver o enigma que oculta o proxecto ‘Misión Neda’

O relato de Laureana interpretada por Silvia Casal que explica os detalles de Missón Neda (foto: Concello de Neda)
O relato de Laureana interpretada por Silvia Casal que explica os detalles de Missón Neda (foto: Concello de Neda)

FERROL360 | Domingo 17 marzo 2019 | 11:57

O Concello de Neda lanza o xogo Misión Neda, un proxecto cultural e histórico no que os nenos e nenas do municipio e doutros Concellos limítrofes de entre 8 e 16 anos deben completar un enigma que consiste en atopar 22 letras que forman unha frase, repartidas ao longo de lugares emblemáticos da localidade.

O premio para o gañador ou gañadora consistirá nunha tableta e para conseguilo debe percorrer o Concello en búsqueda das pista para atopalo.

O proxecto Misión Neda está a medio camiño entre unha aventura e un misterioso puzzle xa que os mozos e mozas deben visitar varias zonas do municipio das que se informa nunhas libretas que xa están dispoñibles na Biblioteca Municipal.

Nestas libretas figuran uns recadros para completar as 22 letras que debemos atopar, e que irán aparecendo por diferentes lugares do Concello de quince en quince días até o vindeiro 12 de abril. A clave desta adiviñanza consiste en resolver unha frase de varias palabras das que as primeiras cinco iniciais xa están distribuidas no municipio.

O resto das letras iranse colocando por tandas de quince días ata completar o misterio, pero para descubrilas os nenos e nenas deben visitar diferentes lugares patrimoniais e históricos de Neda acompañados dun adulto.

A iniciativa foi explicada por Silvia Casal que representou a Laureana, unha moza e protagonista dunha das lendas máis coñecidas do monte de Ancos que convertiuse en fonte hai moito tempo. Esta explicación puideron vela os nenos e nenas de San Isidro e Maciñeira.

O proxecto está tendo moi boa acollida e por iso ampliouse a idade de participciación dos rapaces de 14 a 16 anois. Ademais, tamén abriuse a porta a que nenos e nenas de outros Concellos xunto as súas familias poidan completar o enigma.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies