Home / Eume / A morte de tres persoas eleva a 299 as vítimas do coronavirus nas comarcas

A morte de tres persoas eleva a 299 as vítimas do coronavirus nas comarcas

FERROL360 | Martes 17 maio 2022 | 13:55

A curva da pandemia na área sanitaria de Ferrol descende este martes tanto nos casos activos, que baixan do milleiro, como na presión hospitalaria. O Sergas informou de tres novos falecementos na nosa área sanitaria e, deste xeito, xa son 299 as persoas falecidas con coronavirus nas nosas comarcas.

Segundo a información facilitada polo Sergas, constan 985 casos activos fronte aos 1.055 da pasada xornada. O total de persoas contaxiadas desde que comezou a pandemia sitúase en 36.867, fronte ás 36.803 comunicadas o luns.

Xa se practicaron 256.731 PCR (118 máis), 67.331 test de antíxenos (153 máis) e 91.341 probas de deteción (79 máis). En canto ao número de persoas curadas, o Sergas indica que xa son 35.578 fronte ás 35.446 do luns.

Pola súa banda, a presión hospitalaria descende con 59 persoas ingresadas. Delas, 56 atópanse en planta, son cinco menos, e na UCI mantéñense tres pacientes. En planta do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol hai 48 persoas e oito en planta do Hospital Juan Cardona.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies