Home / Actualidad / A nova praza de Armas é finalista no prestixioso Premio FAD de arquitectura

A nova praza de Armas é finalista no prestixioso Premio FAD de arquitectura

Praza de Armas, en Ferrol (foto: Raúl Lomba / Ferrol360)

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 19:45

O proxecto de remodelación da praza de Armas de Ferrol, obra do arquitecto Carlos Pita para o Concello de Ferrol, aspira a gañar o prestixioso Premio FAD de arquitectura na categoría Cidade e Paisaxe 2021. Trátase dunha distinción outorgada por la Asociación Interdisciplinaria del Diseño del Espacio del Fomento de las Artes y el Diseño (ARQUIN-FAD).

Logo da visita dos membros do xurado o pasado mes de marzo, este luns foi María Fernández Lemos, a que fóra concelleira de Urbanismo na pasada lexislatura, a que partillaba a boa nova nas súas redes sociais, aplaudindo que se trata dunha «alegría». Armas compite na final co Banco do Piñeiro de Ribeira e dous proxectos cataláns: a Posta en valor do conxunto da Illa da Piedade en Vic e a Adecuación paisaxística do recinto amurallado e a capela do castelo de Jorba.

Na valoración que fixo o xurado do proxecto de Armas, que pode lerse nesta ligazón, destaca o xurado que «recupera de forma brillante esta vocación pública perdida con anterioridad de que una plaza tiene que ser prioritariamente un lugar para los ciudadanos» e que tiveron en conta na súa decisión «la clara preferencia de este discreto y sereno proyecto por el talante doméstico del espacio público».

«Al definir la plaza únicamente como un plano continuo, diáfano y abierto a la ciudad, el diseño rehúsa cualquier protagonismo y manifiesta con claridad que una plaza es, sobre todo, un lugar de encuentro de naturaleza hospitalaria, acogedora y amable», apuntan, engadindo que houbo «una serie de operaciones básicas pero muy acertadas». Destacan o derrubamento das edificacións preexistentes, a integración topográfica co pavimento de area e a «renaturalización de su ámbito».

Neste último aspecto valoran as árbores de gran porte «cuidadosamente buscados bordeando la plaza, que definen el carácter silencioso y pausado del proyecto, pero también la sobria contundencia de una propuesta capaz, con poco, de modificar de manera radical, humanizándolo, el conjunto urbano». Os Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo son los galardóns máis antigos desta arte en España, só por detrás do Premio Nacional del Arquitectura.

Desde 1958 conceden no mes de xuño os seus recoñecementos a entidades ou institucións que tiveran presentado, antes do 1 de febreiro, obras terminadas durante o ano anterior na península e nas illas. O seu obxectivo é impulsar as correntes de vangarda e recoñecer a calidade nos novos camiños e investigacións abertos con respecto ás linguaxes tradicionais da Arquitectura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies