FERROL360 | Luns 10 novembro 2014 | 18:20
Nove establecementos da zona centro de Neda servirán pinchos con cada consumición a base de productos típicos destas datas de Magosto, como o tradicional cocido. Deste xeito, ponse en marcha a nova ruta do pincho «Chatear en Neda» que se celebrará desde este venres á tarde e ata o domingo ao mediodía.
Con cada pincho os clientes recibirán unha cartilla que deberán selar en cada un dos establecementos. Aqueles que a completen poderá optar a un premio de 250 euros que se sorteará a semana seguinte no salón de plenos da casa consistorial.
Con esta proposta a hostelería de Neda quere dar un novo aliciente á cidadanía para que acuda aos seus locais. Para iso, a maiores da gastronomía, tamén contarán con animación musical. Así, o sábado a partires das 12:00 horas un grupo de acordeóns e música tradicional animará aos presentes a cantar nos bares, recuperando así unha tradición moi arraigada na vila.
Os locais participantes, todos eles na zona centro, son El Camino Inglés, Café Bar 124, Café Bar Jupe, Mesón O Fumazo, Bar Neda, Mesón O Cubano, Hamburguesería Entreríos, Café Bar A Pía e Cervecería O Lagar.