Home / Sociedad / Empleo / A OMIX de Mañón organiza unha charla sobre emprego para xente nova

A OMIX de Mañón organiza unha charla sobre emprego para xente nova

FERROL360 | Martes 4 novembro 2014 | 15:13

Baixo o título «Activando o teu futuro», a Casa da Cultura do Vicedo acolle unha charla que pretende orientar aos novos sobre a busca de emprego. A actividade terá lugar o sábado 8 de novembro ás 17:00 horas e está organizada por a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Mañón e máis a do Vicedo, xunto coa Rede Galega de Dinamización Xuvenil. A participación é gratuíta.

A charla é participativa, dura hora e media e nela os técnicos da Xunta falarán sobre os seguintes temas: Busca de emprego, define o teu obxectivo; Simplifica o teu curriculum vitae; Redes sociais; Formación; A importancia da educación non formal e voluntariado; Descubre a túa vocación e activa a creatividade e Creación da rede de contactos de emprego.

Os menores de 30 anos que asistan á charla obterán un certificado de asistencia. É imprescindible anotarse previamente para participar. Pódese facer na OMIX de Mañón (teléfono 982 414 002 ou omixmanon@yahoo.es) ou na do Vicedo (982 590 195 ou omix@concellodovicedo.org).

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies