Home / Sociedad / Entidades sociales / A PAH de Ferrol e Espacio Vivo reinventan a vida este venres

A PAH de Ferrol e Espacio Vivo reinventan a vida este venres

FERROL360 | Miércoles 30 abril 2014 | 18:28

«Ao igual que a loita social hai que encarala con alegría, tamén hai que combater tendo o estado de ánimo a punto». Está é a mensaxe que a Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrol quere facer chegar aos seus socios, porque unha cuestión fundamental é «a estabilidade mental» dos desempregados, desafiuzados, emigrantes, etc.

Con esta idea, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrol organiza unha xornada solidaria para este venres xunto con Espacio Vivo. O obxectivo desta acción é dar a coñecer aos seus socios as actividades orientadas a paliar os efectos derivados dos problemas que afectan á saúde e á estabilidade emocional da xente desafiuzada.

Deste xeito, celebrarán en Espacio Vivo unha xornada solidaria desde as 16:00 e ata as 23:30 horas na que haberá actividades terapéuticas de todo tipo, obradoiros para adultos, actividades para os máis pequenos, así como espectáculos de humor e baile.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies