Home / Cultura / A parroquia de Doso celebra este sábado a XVI edición da Recreación da Esfolla Tradicional

A parroquia de Doso celebra este sábado a XVI edición da Recreación da Esfolla Tradicional

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 13:35

Música, danza, concursos, obradoiros e moito, moito maínzo. Estes son algúns dos ingredientes da XVI edición da Recreación da Esfolla Tradicional que se celebrará este sábado na parroquia de Doso, en Narón. A partires das 17:00 horas arranca un programa de actividades cheo de tradición, aprendizaxe e divertimento.

A Recreación da Esfolla Tradicional arrancará co recibimento da comitiva dos carros de maínzo. Dous carros cargados de maínzo sairán do rueiro da Braña e de Cousa, acompañados de grupos etnográficos, para chegar ao tempo ó pe da pista polideportiva de Doso. Alí serán recibidos polos bailes e a música dos grupos do Padroado da Cultura.

Tamén haberá unha exposición de bonecos de maínzo realizados por escolares de Educación Primaria dos colexios de Narón. Ademais, haberá un obradoiro de construción de figuras tradicionais a partir da folla do maínzo, tal e como se facía nas casas labregas de Galicia para enredo dos máis pequenos.

Unha vez descargado o maínzo, os máis vellos do lugar inauguran a esfolla coma homenaxe á labor feita na salvagarda desta tradición. A continuación, celebrarase un obradoiro de bolas da tixola para pequenos e maiores. Sen esquecer o III concurso de sobremesas no que participa a veciñanza de Doso, e que logo se reparten entre os asistentes á Esfolla.

A tarde estará amenizada polo grupo «Pesdelán» e a AVV A Naveira de Doso convidará a todos os asistentes a castañas e a una chocolatada popular.

Cartaz da XVI edición da Recreación da Esfolla Tradicional

Cartaz da XVI edición da Recreación da Esfolla Tradicional

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies