Home / Cultura / A parroquia naronesa de Doso celebrará este sábado unha nova edición da Recreación da Esfolla

A parroquia naronesa de Doso celebrará este sábado unha nova edición da Recreación da Esfolla

FERROL360 | Luns 4 novembro 2019 | 20:07

A pista polideportiva de Doso acollerá este sábado os actos da Recreación da Esfolla, organizados polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños ‘A Naveira’ de Doso. Na programación non faltarán os obradoiros para os peques, a propia esfolla do maínzo e música, entre outras propostas.

Desde a organización animan á veciñanza a acudir con prendas de roupa como as utilizadas no século XX para ambientar esta celebración. Así, os homes poderán ir con boina ou sombreiro, chaleco e prendas preferentemente de tecidos como lá ou liño. As mulleres con pano na cabeza, mantón, mandil e zocas ou algún calzado similar.

Dous carros cargados de mazarocas de maínzo cedidas por veciñas e veciños de Narón partirán ás 17.00 horas do rueiro da Braña, seguidos por unha comitiva da asociación veciñal ‘A Naveira’ de Doso, e á que se poden sumar todas as persoas que o desexen.

Dirixiranse á pista polideportiva de Doso, onde se desenvolverán ao longo da tarde diversas actividades dirixidas a persoas de todas as idades. A música e a danza tradicionais de grupos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón cobrarán especial protagonismo á hora da recepción á comitiva.

Os nenos e nenas terán a oportunidade de participar en obradoiros de bonecos de maínzo e «Bolas da tixola» e as persoas que se acheguen a Doso terán tamén a oportunidade de ver unha exposición cos bonecos de maínzo que se realizaron nos centros escolares, a través tamén de obradoiros impartidos dende o Padroado da Cultura.

Esfolla

A esfolla do maínzo dará comezo sobre as 18.00 horas e poderá participar toda a xente que o desexe. Este ano celebrarase tamén a segunda edición do Campionato de debagado de maínzo, para o que deberán inscribirse a partir das 17.00 horas nunha zona habilitada para tal fin.

Tamén será preciso anotarse para participar no concurso de sobremesas, debendo as persoas interesadas entregar as sobremesas ás 17.00 horas e recibindo un número para o citado certame de doces elaborados con produtos de tempada e no que se repartirán varios premios.

Sobre as 19.00 horas dará comezo o concerto da banda de música folk Pepe Vaamonde Grupo, integrado por seis recoñecidos profesionais, entre eles o propio Pepe Vaamonde, gaiteiro e compositor das músicas da banda.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies