Home / Actualidad / A pasarela peonil de Xuvia reabrirá a finais de mes

A pasarela peonil de Xuvia reabrirá a finais de mes

FERROL360 | Domingo 8 xullo 2018 | 11:38

A pasarela peonil que cruza o río Xuvia e conecta Neda con Narón reabrirá a finais deste mes de xullo. As obras na plataforma peonil, que ten 90 metros de lonxitude, concluirán nunhas semanas despois dun retraso nas actuacións a consecuencia do empeoramento do tempo.

A pasarela someteuse a unha actuación integral de limpeza, pintado e tratamento de conservación e renovación da madeira cunha aplicación de funxicidas que garante a conservación da mesma.

Ademais, tamén se levaron a cabo traballos de substitución de pasadores dos tirantes que suxeitan a estrutura voada para estabilizala, así como a apertura de furados nas bases dos arcos para evitar a acumulación de auga.

A obra tivo un orzamento duns 196.000 euros nos que se inclúen a instalación dos máis de 150 metros de varanda. Os traballos de instalación da mesma darán comezo o próximo luns 9 de xullo. Ao mesmo tempo se colocará un novo sistema de iluminación.

Coa reapertura da pasarela se poderá recorrer a pé todo o perímetro da ría, xa que a ponte, ademais de conectar os dous concellos de Neda e Narón, fai posible a unión dun paseo que cruza desde Ferrol a Xuvia, pasando por Narón e Fene.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*