Home / Cultura / A pegada do poeta Ramiro Fonte encheu de versos a memoria dos eumeses

A pegada do poeta Ramiro Fonte encheu de versos a memoria dos eumeses

FERROL360 | Sábado 9 septiembre 2017 | 20:03

Escribir algún verso que a fortuna me dicte
e nalguna hora acaso como esta,
mollada na lembranza, perseguir
sen pintalos nos lenzos,
certos corpos amados.

O Salón de Plenos do concello de Pontedeume acolleu este sábado a celebración dunha sesión extraordinaria de honra e distinción para render homenaxe ao poeta Ramiro Fonte, aprobando por unanimidade outorgar o seu nome á biblioteca municipal da vila. «Os seus textos, xa inmortais, relacionados ca súa infancia a través das súas obras, plasmaron a paixón que sentía polo seu pobo», dixo o rexedor, Bernardo Fernández.

Logo de descubrir unha placa na súa lembranza, Fernández e o secretario de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presidiron na Casa da Cultura o acto de presentación da reedición do libro As cidades da nada, de Fonte, publicado pola editorial Trifolium. «A homenaxe verdadeira a Ramiro Fonte é seguir gozando coa lectura dos seus versos», salientou Lorenzo, lembrando que se conmemoran 60 anos do seu nacemento.

«A vida das súas palabras a través dos versos que el construíu é unha forma de transcendencia, unha maneira de permanecer entre nós dun xeito moi especial, cadaquén desde as nosas lembranzas e a nosa lectura, sempre particular, máis aínda na linguaxe poética», afirmou o secretario xeral, engadindo que «a súa obra é o seu camiño de vida, desde a posta en marcha de Cravo Fondo ou da revista Dorna a toda esa colección de poemas coa que nos foi agasallando en forma de libros toda a súa vida».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies