Home / Ferrol / Cedeira / A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira pide a Costas información sobre as obras da praia da Madalena

A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira pide a Costas información sobre as obras da praia da Madalena

FERROL360 | Mércores 5 outubro 2016 | 9:16

A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira quere coñecer en detalle as obras que a Demarcación de Costas ten previsto levar a cabo na praia da Madalena. Para elo a entidade enviou un escrito ao organismo reclamando información ante a inminencia do inicio das obras.

No escrito, os membros da entidade preguntan sobre a altura que se lle vai recortar á duna e ata onde vai chegar a zona balizada na que se moverán as máquinas. Neste punto explican que hai unha certa preocupación sobre a posibilidade de que se vexa afectado o banco marisqueiro nun momento no que parece que principia a súa recuperación.

Tamén se interesa a Plataforma polos traballos que se van acometer no regato máis próximo a San Isidro para solucionar o problema de estancamento na zona e en que espazo concreto se vai proceder á eliminación das plantas invasivas. Asemade, a entidade pregunta se se van amañar os 30 metros de pasarela de madeira do paseo marítimo que se atopan en mal estado.

A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira, que preside o alcalde, está integrada por representantes dos partidos que forman parte do goberno local -PSOE, BNG e Anova-; Esquerda Unida; as asociacións Adega, Mares de Cedeira, Somos Cedeira e Confraría de Pescadores.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies