Home / Ferrol / Ferrol / A Policía Local de Ferrol continúa coas campañas de control das condicións e prevención de riscos ao volante

A Policía Local de Ferrol continúa coas campañas de control das condicións e prevención de riscos ao volante

FERROL360 | Venres 27 setembro 2013 | 20:54

No marco do Plan Anual de Seguridade Viaria do Concello de Ferrol, a Policía Local desenvolveu unha campaña nas proximidades dos centros educativos para controlar os sistemas de retención infantil nos vehículos.

Dende a Concellería de Seguridade e Mobilidade informouse este venres sobre os resultados obtidos nestas xornadas de prevención realizadas entre o 11 e o 20 de setembro.

Os datos amosan que, do total de vehículos inspeccionados, aproximadamente o 7 % dos pais non levan aos seus fillos provistos dos diferentes sistemas de retención homologados. Ademais, os axentes tamén procederon á intervención de dous permisos de conducir por circular coa licenza caducada.

Dende o consistorio ferrolán recordan que a correcta utilización das cadeiras infantís ten unha efectividade na redución de lesións superior ao 75%. Por iso, os menores de 12 anos deben utilizar sempre un sistema de retención infantil homologado e adecuado ao seu peso, idade e constitución física.

Transporte escolar

A vindeira semana, a Policía Local continuará supervisando o cumprimento dos requisitos administrativos e as condicións técnicas dos vehículos destinados ao transporte escolar e de menores.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies